Nuestro Alcalde
Servizos
plus less Servizos ó Cidadán
Localización

ubicacion

 

line

Actualidade

imagen



imagen2 Situado no noroeste da provincia de Lugo o Concello de Palas de Rei limita o norte co Concello de Friol, ó Sur situase o Concello de Antas de Ulla, no oeste limita ca provincia de A Coruña, e no leste linda con os concellos lucenses de Monterroso e Guntín.

Cunha superficie de 199,6 km², o seu territorio está dividido en 43 parroquias,contando con 3.824 habitantes, o que supón unha densidade de poboación de 19,1 hab/ km².

Dende principios do século a poboación ven sufrindo un sensible descenso. A idade media situase nos 54 anos, presentando a estrutura por idades unha poboación madura, onde as persoas entre 18 e 60 anos representan o 60% da poboación total.

imagen1 Emprazada na comarca da Ulloa, no centro de Galicia, a localidade de Palas de Rei é atravesada por dúas estradas: a N 547 e LU 231. Esta última facilita ás conexións cos concellos de Friol, Monterroso e Taboada, sendo de máis importancia a N 547, que conecta Lugo con Santiago de Compostela.

A Ulloa é unha comarca de tradición agrícola e gandeira. O sector agropecuario constitúe a base da súa economía, ocupando á maioría da poboación activa. O leite é a súa principal producción, sendo os queixos e a carne os produtos máis importantes. O de Arzúa-Ulloa é un dos queixos máis tradicionais de Galicia. Os gandeiros destas comarcas souberon transmitir de xeración en xeración a técnica e o bo facer do queixo elaborado co leite das súas vacas. A este produto de elaboración artesanal dedícase dende 1993 unha feira, a “Feira do Queixo da Comarca da Ulloa”, que se celebra alternativamente en Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

Na actualidade, o sector primario dá ocupación ao 64'78 dos activos, adicados fundamentalmente á produción leiteira. O sector terciario (5'12 %) organízase en torno a varios serradoiros, unha industria extractiva e varias de montaxes eléctricos. Este sector concéntrase na capital, onde se aglutinan os servizos administrativos, educativos, sanitarios, comerciais e de transporte, case todos eles nados ao socairo do Camiño.

O terreo chan é a característica do relevo deste municipio e á ausencia de fortes contrastes montañosos opóñense acentuadas diferenzas litolóxicas, xa que nos situamos no paso da Galicia occidental granítica á Galicia oriental sedimentaria. Nesta zona hai que destacar a Serra do Careón, con pesados cumes que forman parte da dorsal galega, e o corredor que se forma entre esta serra e a Serra do Farelo, onde se aloxa o Ulla e a súa rede de afluentes, principalmente o Pambre. A distancia do mar dálle ao clima un carácter continental, con invernos moi fríos e veráns suaves.

logos