Nuestro Alcalde
Servizos
plus less Servizos ó Cidadán
Localización

ubicacion

 

line

Novas

imagen

Categorías

Novas

02-02-2012
ENTREGA DE DIPLOMAS AOS ALUMNOS/AS DO ORADOIRO DE EMPREGO CASTELO DE PAMBRE I








23-01-2012
O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DE PALAS DE REI ELABOROU O III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE PALAS DE REI.

O ámbito de actuación do Plan será o período 2012-2015, e preséntase como un instrumento de continuidade na prevención e loita contra a situación de desigualdade de xénero adoptando as respostas a unha realidade específica, a realidade das veciñas e veciños deste Concello, tendo como principal obxectivo ser un instrumento de traballo a partir do que se poñan en marcha accións orientadas a corrixir as situación de desigualdade, e encamiñadas a lograr unha igualdade real e efectiva entre sexos, convertendo en beneficiarias das mesmas a todas as persoas, xa que tales accións deben estenderse ao conxunto da sociedade palense.









11-01-2012
SATISFACCIÓN EN PALAS POR SER O PUNTO DE SAIDA DA ETAPA LUCENSE DA VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2012.

Esta  localidade Ulloana duns 3.743habitantes será o escenario que albergará a saida da etapa lucense  que terá lugar o vindeiro día 1 de setembro conformando asi quinta e última etapa ciclista da Volta a España 2012.









10-01-2012
PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL PARA A TEMPORADA 2012 DO IMSERSO

O prazo de presentación de solicitudes:

  - Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto(ambos inclusive): con prioridade na adxudicación de praza ata o día 16 de xaneiro de 2012.

 - Para as quendas dos meses de setembro a decembro(ambos inclusive): con prioridade na adxudicación de praza ata o día 16 de maio de 2012; para a súa inclusión na orde que corrresponda, na lista de espera de prazas ata o día 20 de outubro de 2012.

 









02-01-2012
CABALGATA DE REIS 2012








28-11-2011
FIRMA DO CONVENIO DE ACONDICIONAMENTO DA RÚA ANTAS DE ULLA EN PALAS DE REI

O  Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, asinou  un convenio urbanístico entre o Concello de Palas de Rei e Antonio Gómez Peteiro para a cesión dos terreos exteriores na Rúa Antas de Ulla.









25-11-2011
O Concello de Palas de Rei presenta un Itinerario de Coordinación entre as institucións con competencias nos casos da violencia de xénero

O itinerario de coordinación institucional garantirá ás persoas en situación de violencia de xénero unha atención rápida, eficaz e coordinada entre todos os organismos

 









14-11-2011
A EXPOSICIÓN MULLERES NO OBXECTIVO EN PALAS DE REI

É unha mostra que recolle 23 fotografías de galegos/as que trata de sacar á luz, desde unha óptica de normalidade e respecto, as imaxes que nos achegan ao día a día das mulleres e á súa relación cotiá co traballo ao longo da historia, e á conciliación da vida laboral e familiar.

Dentro desta mostra fotográfica inclúese o audiovisual Mulleres XX, sobre as mulleres galegas a o traballo.









14-11-2011
ACTIVIDADES DO CENTRO DE INFORMACIÓN A MULLER CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO








18-10-2011
FINALIZADA AS OBRAS DE MELLORA DOS ACCESOS EN VIAS E CAMIÑOS RURAIS DO MUNICIPIO DE PALAS DE REI








05-10-2011
CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS

O Concello de Palas de Rei convoca un concurso de fotografías antigas do municipio. Durante os meses de outubro e novembro recolleranse as imaxes e o certame desenrolarase en decembro e xaneiro.

Unha vez se recollan as copias das instantáneas, estas se ampliarán e se exporán no salón de actos da casa consistorial, asimesmo, en dita dependencia, habilitarase unha urna para que tódolos visitantes poidan votar e elexir as tres mellores fotos.









03-10-2011
VIII CONGRESO CAMIÑO DE SANTIAGO PERCORRENDO CAMIÑOS O 21,22 E 23 DE OUTUBRO DO 2011
A data límete pra se inscribir é o 14 de outubro, a cuota de inscripción son 30 € por persoa. A inscripción pódese facer nas dependencias do Concello de Palas de Rei ou contactando no teléfono 982380001.







22-09-2011
O CASTELO DE PAMBRE ACOLLEO A UN GRUPO DA ASOCIACIÓN AMIGOS DOS CASTELOS O 24 DE SETEMBRO CON MOTIVO DO DIA DOS CASTELOS








11-08-2011
A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN LUGO VISITA AS OBRAS REALIZADAS NA CASA DE CULTURA E NO ENTORNO DO CEIP DE PALAS DE REI








26-07-2011
O DIRECTOR XERAL DE XUNVENTUDE E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA VISITA O CAMPAMENTO XUVENIL DOS CHACOTES








15-07-2011
PALAS DE REI CONVÉRTESE NO PUNTO DE ENCONTRO DOS EMIGRANTES GALEGOS O 23 DE XULLO
Máis de 1.500 emigrantes galegos residentes en distintos paises da xeografía mundial, entre eles de: Brasil, Alemania, Estados Unidos, Uruguay e Francia participarán o vindeiro 23 de xullo no municipio lucense de Palas de Rei (na Área Recreativa de Vilar de Donas) na VI edición da Xuntanza da Emigración Galega.








08-07-2011
O XEFE DO SERVIZO PROVINCIAL DE DEPORTES DA XUNTA DE GALICIA VISITA AS INTALACIÓNS DEPORTIVAS DE PALAS DE REI

Na súa visita a Palas de Rei estivo acompañado polo rexedor palense, Pablo Taboada quen lle plantexou a necesidade dunha futura ampliación do Ximnasio Municipal.









05-07-2011
O CONCELLO DE PALAS DE REI DESARROLARÁ UN PLAN EXPERIMENTAL DE AFORRO ENERXÉTICO
A Rúa Agro do Rolo será a primeira na que se inicia a colocación do alumbrado de baixo consumo.







30-06-2011
OBRADOIRO XOGANDO NO VERÁN PARA NENOS EN NENAS DE 4 A 12 ANOS
 O Obradoiro Xogando no Verán, dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos, de luns a venres de 10:00h. a 14:00h.  desenvólvese na Casa de Cultura de Palas, abrangue un conxunto de actividades de carácter lúdico-pedagóxico, enfocadas a dito colectivo de idade.







21-06-2011
O MUNICIPIO DE PALAS DE REI XA DISPÓN DE COBERTURA DE BANDA ANCHA DE INTERNET EN TODAS AS SÚAS PARROQUIAS

A finalidade  foi  dotar  a tódalas vivendas palenses de servizo de acceso a Internet de calidade para que os seus propietarios, se así o desexan, se acollan a este servizo via o operador Intermax.









20-06-2011
NOVOS CAMBIOS ORGANIZATIVOS NO CONCELLO DE PALAS DE REI
O Concello Palense abrirá as súas dependencias ós sábados pola mañá, ampliando así o seu horario de atención ó público para atender fundamentalmente a aqueles veciños que durante toda a semana por diferentes  motivos non poden achegarse ata as dependencias municipais.
O mesmo tempo o rexedor palense implantará un novo sistema de control de acceso ó persoal municipal para unha axeitada distribucción dos horarios de traballo.








16-06-2011
O DÍA 11 DE XUÑO DO 2011 CELEBROUSE A SESIÓN CONSTITUTIBA DA NOVA CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE PALAS DE REI

A nova corporación municipal do concello de Palas de Rei para o período 2011-2015 pasa a estar presidida por Pablo J. Taboada Camoira que é o novo Alcalde de Palas de Rei tras o seu antecesor na alcaldía Fernando A. Pensado Barbeira quen tamén obtén cuota de representación, como concejal,  na presente lexislatura. 









09-06-2011
REPARTO DE ALIMENTOS PARA OS MÁIS NECESITADOS

Servicios Sociais do Concello de Palas de Rei en colaboración coa Cruz Vermella de Lugo procederon a realización do primeiro reparto do ano de alimentos entre as familias máis necesitadas deste municipio.









03-02-2011
NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO EN PALAS DE REI: CASTELO DE PAMBRE I
              22 persoas aquiren formación teórica e práctica no Obradoiro Castelo de Pambre I repartidos nos módulos de albañilería; enerxías renovables e atención sociosanitaria.








25-01-2011
VISITA INSTITUCIONAL DO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA, ALBERTO NUÑEZ FEIJÓ, A PALAS DE REI
Anunciou que o Castelo de Pambre, unha das xollas da arquitectura medieval e militar do século XIV ubicada no municipio de Palas de Rei, pasará a ser propiedade pública.







20-01-2011
SATISFACIÓN DOS RESPONSABLES MUNICIPAIS ANTE A RECEPTIVIDADE MOSTRADA POLO CONSELLEIRO, ALFONSO RUEDA, PARA A CREACIÓN DUN GRUMIR EN PALAS DE REI








28-12-2010
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA








23-12-2010
CAMPAÑA DE DISTRIBUCIÓN DE ALIMENTOS








09-12-2010
PROXECTOS DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO








30-11-2010
O CONCELLO DE PALAS DE REI PROMOVE A INTEGRACIÓN DE INMIGRANTES NA SOCIEDADE PALENSE.








25-11-2010
ACTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EN PALAS DE REI O 25 DE NOVEMBRO








23-11-2010
25 DE NOVEMBRO CONSTITUESE EN PALAS DE REI A MESA DE COORDINACIÓN PARA A MELLORA DA ATENCIÓN A VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO








22-10-2010
Unha empresa afincada en Palas de Rei quere ocupar os 30.000 metros de la ampliación do polígono industrial
A maior das empresas afincadas no polígono industrial de Palas de Rei, pretende levar acabo unha considerable ampliación e estuda quedarse coa totalidade dos terreos da segunda fase do parque empresarial. O grupo Jim Sports, dedicado a comercialización de material deportivo, ten na actualidade en funcionamento un nave construída nunha superficie de 7.000 metros cadrados e segundo lle notificou o propietario, o palense Jesús Manuel Graña, o primeiro tenente alcalde, Pablo Taboada Camoira, está interesado na adquisición dos 30.000 metros de terreo industrial que habilitou o concello ultimamente.

 









25-05-2010
O CONCELLO DE PALAS DE REI FIRMA COA CONGREGACIÓN DOS IRMANS ENFERMOS POBRES DE VIGO O CONVENIO QUE PERMITIRA ABRIR O CASTELO DE PAMBRE A PARTIR DO 1 DE XUÑO.
O Alcalde de Palas de Rei  D. Fernando Alfredo Pensado Barbeira xunto co teniente Alcalde d.Pablo Jose Taboada Camoira, trasladouse no día de onte ata Vigo para firmas cos irmáns que conforman a Congregación dos enfermos pobres o convenio que permitirá abrir a fortaleza medieval o público a partir do vindeiro 1 de xuño.








30-04-2010
O CONCELLO DE PALAS DE REI CHEGA AÚN ACORDO COS NOVOS PROPIETAROS PARA ABRIR A FORTALEZA DE PAMBRE ESTE VERÁN
O Alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado, reuniuse  cos novos propietarios do Castelo de Pambre, a Congregación relixiosa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres para pechar as condicións definitivas da inmediata apertura o público, no mes de xuño, da Fortaleza Medieval







25-03-2010
O alcalde, Fernando Pensado recibiu en días pasados a comunicación da Consellería de Territorio e Infraestruturas a dispoñibilidade orzamentarias para acometer a segunda fase do parque empresarial de Palas de Rei. Esta actuación encadrada dentro das actu
O alcalde, Fernando Pensado Barbeira ampliara o parque empresarial da vila. Tendo previsto unha iversión duns 600.000 €uros.
 A Consellería de Territorio e Infraestruturas adquiriu o compromiso da dispoñibilidade orzamentarias para acometer a segunda fase do parque empresarial de Palas de Rei. Esta actuación encadrada dentro das actuacións de mellora dos parques da provincia executarase no ano 2010. O conselleiro confirmoulle un orzamento económico de 600.000 €









24-03-2010
XANTAR SOLIDARIO A FAVOR DO POBO DE HAITÍ
O Concello de Palas de Rei  organizou un xantar solidario para recadar fondos que foron destinados a Haití. A esta comida que secelebrouse na praza do concello o  sábado 6 de marzo, asistirón mais dunhas 200 persoas,  as invitacións puidéronse adquirir  nas oficinas das dependencias  municipais e na oficina de información a muller  o módico prezo de 12€uros. En total o Concello de Palas de Rei recadou preto duns 4000 euros .








15-02-2010
II RALLI DA COMARCA DA ULLOA
Chega a 3ª edición do rali da comarca da Ulloa, unha competición que se desenvolvera do 19 o 21 de febreiro, transcurrindo polos concellos de Palas de Rei e Monterroso.
 En total serán uns 47,600 kilómetros de percorridos  en cinco tramos, dos que poderán desfrutar tanto participantes como afecionados achegados de toda Galicia e comunidades veciñas durante estos días de competición na Comarca da Ulloa.









19-01-2010
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO XACOBEO 2010

O CONCELLO DE PALAS DE REI TEN ABERTO O PRAZO  DAS  INSCRIPCIÓNS DE VOLUNTARIOS PARA O XACOBEO 2010, OS INTERESADOS DEBERÁN ACUDIR A OFICNA DO DEPARTAMENTO DE CULTURA DO CONSISTORIO PALENSE. 









26-10-2009
Palatium Sport S.L. xa é unha realidade no Polígono Palense.
A firma dedicada a fabricación e comercialización de material deportivo está a piques de rematar as Obras de Construcción da súa nave e comenzar a súa actividade en Palas de Rei.







24-09-2009
O CONCELLO DE PALAS DE REI APOSTA POR SEGUIR MANTENDO OS OBRADOIROS DE TEATRO PARA O PERÍODO 2009-2010.
·       Visto o  resultado  rexistrado coa creación en Palas de Rei dos Obradoiros de Teatro o Concello de Palas de Rei decidiu seguir apostando pola formación teatral neste Concello.
·       Dende  o  15 de setembro ata principios de novembro está aberta o prazo para formular a inscrición.









logos