|
Novas
II RALLI DA COMARCA DA ULLOA
Chega a 3ª edición do rali da comarca da Ulloa, unha competición que se desenvolvera do 19 o 21 de febreiro, transcurrindo polos concellos de Palas de Rei e Monterroso.
En total serán uns 47,600 kilómetros de percorridos en cinco tramos, dos que poderán desfrutar tanto participantes como afecionados achegados de toda Galicia e comunidades veciñas durante estos días de competición na Comarca da Ulloa.
Polo Concello de palas de rei transcorrerán tres dos cinco tramos, cun total de 31,200 kilómetros de asfalto e perigosas curvas que farán mais interesantes a competición e lle darán adrenalina os asistentes.En canto os tramos do circuíto que percorren o concello palense temos os seguintes tramos: · “CASTELO DE PAMBRE”, duns 10,600 kilómetros de percorrido pasando Leilón e rematando en Remonde. Realizando a primeira pasada as 8:38 e a segunda as 11:53 · “PALAS DE REI”, tamén con 12,100 kilómetros, transcurrindo pola estrada de Quindimil, Laia, Salaia, Fontecuberta e rematando preto da nacional 547 a altura da gasolineira de Palas de Rei. Pasando por vez primeira as 9:11 e por repetindo as 12:26 · “COENCE”, de 8,500kilómetros e pasando por Coence, Pontemerce ata o cruce de Chorexe con dirección Chorexe meténdose a Santo Xusto dirección Monterroso. En canto os horarios deste tramo son de tarde, 16:41 e 18:53.
O venres 19 de febreiro estará dedicado as verificacións dos coches participantes e a entrada no parque pechado dos mesmo, que estará situado xunto o Mercado Gandeiro de Palas de Rei onde se centrara o centro neuralxico desta 3ª edición do Rali da comarca da Ulloa. No sábado 20 centraranse a realización dos percorridos polas diferentes tramos que conforman o circuíto da competición. Xa na madrugada do 21 darase a coñecer a listaxe definitiva da clasificación e a posterior entrega dos premios. Esta edición destacara pola alta participación de pilotos, dos cales hai uns 108 inscritos según a organización.
|