Nuestro Alcalde
Servizos
plus less Servizos ó Cidadán
Localización

ubicacion

 

line

banner

Novas

imagen

XANTAR SOLIDARIO

OConcello de Palas de Rei esta a organizar un xantar solidario para recaudar fondos que iran destiandos a Haití. Esta comida celebrarase na praza do concello o vindeiro sábado 6 de marzo as 14:00 h. e as entradas poden ser adquiridas nas oficinas das dependencias  municipais e na oficina de información a muller de luns a venres de 9 h a 14:00h.

 



fotoEste  Xantar Solidario ten como finalidade de recadar fondos que serán destinados ós damnificados polo terremoto de Haití. As entradas xa están a venda por un módico prezo de  12 euros por persoa,  o recadado enviarase integramente os afectados pola catástrofe de Haití. Ademais, coa finalidade de abaratar custes, o Concello enviou unha carta os comerciantes palenses  nun chamamento a colaboración cidadá para que   doasen os produtos para elaborar este Xantar Solidario.
Diversos comerciantes, concenciados e solidarios con este país caribeño trala catastrofe,    atenderon a chamada do concello aportando diversos produtos cos cales se levara acabo esta comida.
Este Xantar Solidario conforma unha das actividades desenvolvidas  polo Concello de Palas de Rei como mostra da súa solidariedade cos afectados  pola catástrofe en Haití. Compre lembrar, tamén, que o mércores, 10 de febrero, o Primeiro Tenente de Alcalde, Pablo Taboada, asistiu a rolda de prensa que ofreceu a Fundación Amigos de Galicia que prepara para nos vindeiros días un envío de alimentos e roupa con destino os superviventes do Terremoto de Haití. Nesta acción solidaria na que participa o Concello de Palas de Rei aportando 3.000 € para sufragar parte dos gastos  que supón o  envío de 10.000kg de produtos alimenticios.

 


logos