Nuestro Alcalde
Servizos
plus less Servizos ó Cidadán
Localización

ubicacion

 

line

banner

Novas

imagen

O CONCELLO DE PALAS DE REI APOSTA POR SEGUIR MANTENDO OS OBRADOIROS DE TEATRO PARA O PERÍODO 2009-2010.

·       Visto o  resultado  rexistrado coa creación, por primeira vez, en Palas de Rei dos Obradoiros de Teatro para a temporada 2008-2009durante o período lectivo; o Concello de Palas de Rei decidiu seguir apostando pola formación teatral neste Concello.
·       Dende  o martes 15 de setembro ata principios de novembro está aberta o prazo para formular a inscrición. As clases comezan o 17 de outubro.


foto
   O Concello de Palas de Rei  por segundo ano consecutivo aposta por seguir mantendo os Obradoiros de Teatro para o curso 2009-2010 visto os favorables resultados do curso anterior.
Segun o Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Palas de Rei, Pablo J. Taboada Camoira, en Palas de Rei que, actualmente conta con dúas Compañías teatrais representando tanto dentro  como fora de Galicia como son “Alentía Teatro” e “Métatese Teatro” así como se ven desenvolvendo anualmente a “Mostra Internacional de Teatro Amador” que xa vai na décima Edición, hai unha importante afición teatral que  xa forma parte da cultura popular dos habitantes deste Concello e por ende convén seguir mantendo e dando a coñecer tódolos aspectos teatrais a novos talentos. Neste senso os Obradoiros Teatrais son unha porta aberta o coñecemento e a familiarización co mundo Teatral da man de profesionais dedicados a ensinanza e a produción Teatral.
A inscrición nos Obradoiros de Teatro vénse  formalizando dende 15 de setembro e prolongarase ata principios de novembro na Casa de Cultura. Segundo as  previsións do Concello Palense este ano esperase superar o número de alumnos do ano anterior, isto é 30, dado que este ano xa están inscritos os que o fixeron no curso pasado os que se lles suman novos alumnos que participarán nas clases este curso. Un curso que comeza as súas clases o día 17 de outubro. As clases celebraranse os sábados a partir das 10:30 horas e nelas os alumnos terán obradoiros de expresión oral e corporal, son, iluminación, atrezo, produción, maquillaxe, etc. En canto o perfil dos alumnos convén sinalar que estes obradoiros van enfocados as distintas idades dos alumnos dende os 4 anos en diante sen limite de idade.
Dende a organización destes Obradoiros se prevé seguir mantendo a Mostra de Teatro Escolar creada o ano pasado dando pe a participación e intercambio teatral entre os alumnos deste Obradoiro e outros de outras localidades Galegas; así como se ten previsto a participación dos alumnos do Obradoiro Palense con Obras teatrais en outras Comunidades como por exemplo Cataluña onde aproveitarán a viaxe para realizar diferentes actividades e visitas culturais como un tramo do Camiño de Santiago ó seu paso por Burgos ou a visita o parque de atraccións Port Aventura de Barcelona.
Tamén se prevé a realización  dalgunha representación benéfica en colaboración coa ONG Meniños ao igual que se fixo o curso pasado coas actuacións  no Teatro Principal de Ourense e no salón de negocios  de Caixa Galicia na Coruña.   

logos