- Estanse a realizar melloras no servizo eléctrico nos lugares de: Avieira, Vilar e Remonde que se conseguirán coa posta en marcha de novos CTS, un servizo eléctrico de calidade e acorde cos modernos aparataxes eléctricos.
- O Alcalde, o popular, Fernando A. Pensado, reunirase nos próximos días con representantes da eléctrica Fenosa na Comarca da Ulloa a fin de ultimar os trámites das obras de Carteire onde os veciños teñen importantes carencias no suministro eléctrico.
O Primeiro Tenente de Alcalde, D. Pablo J. Taboada Camoira, informa de
melloras no servizo eléctrico nos lugares de: Avieira, Vilar e Remonde onde tras as dificultades atopadas nos pasos para o tendido eléctrico por fin se atenden as demandas dos veciños, e nos próximos días tanto a Avieira como o Vilar e Remonde
conseguirán ca posta en marcha dos novos CTS, un servizo eléctrico de calidade e acorde cos modernos aparataxes eléctricos. Isto permitirá unha mellora tanto nos fogares como nas explotacións gandeiras da zona, que abrangue a uns preto de 100 habitantes deste Concello. Dentro do programa de calidade, que significará a inversión de preto de 780.000 €, a realizar no bienio 2009-2010 por parte de Unión Fenosa dentro do Concello de Palas de Rei.
O mesmo tempo
o Alcalde, o popular, Fernando A. Pensado, reunirase nos vindeiros días con representantes da eléctrica Fenosa na Comarca da Ulloa, a fin de ultimar os trámites das obras de Carteire, onde os veciños teñen importantes carencias no suministro, esta parroquia conta con preto de 50 vivendas e varias explotacións agropecuarias e unha industria artesanal do pan.
Do mesmo xeito tamén se levarán acabo melloras no suministro eléctrico nos lugares de Vilacoba, Felpos, Carballal e Puricelas este último será de inmediata posta en marcha. Así comono lugar do Vilariño pertencente a parroquia de San Breixo.
Actualmente, na Avda. de Ourense e na zona do Grupo Escolar están tendo lugar as Obras de renovación e mellora na calidade do servizo eléctrico dentro das Obras de Urbanización que se están realizando en dita Avenida e que se espera que estean rematadas nas vindeiras semanas.