Nuestro Alcalde
Servizos
plus less Servizos ó Cidadán
Localización

ubicacion

 

line

banner

Novas

imagen

O Concello desenvolverá cursos de Atención o Público, Xestión de establecementos Turísticos e idiomas dirixidos fundamentalmente a hostelería e o sector servicios.

  • O equipo de Goberno Palense intenta ofrecer a mellor imaxe turística de Palas de Rei as múltiples persoas que se agarda que pasen por esta localidade no vindeiro ano Santo.


fotoO Concello de Palas de Rei dentro do interés do equipo de Goberno para preparar todas as infraestructuras e intentar ofrecer a mellor imaxe turística de Palas de Rei as múltiples persoas que pasarán por este termo municipal ó longo do 2010 con motivo do ano Santo.
Según nos informa o Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Palas de Rei, Pablo J. Taboada Camoira, o Concello desenvolverá cursos de Atención o Público, Xestión de establecementos Turísticos e idiomas dirixidos fundamentalmente a hostelería e o sector servicios. Con estas accións dende o Concello preténdese ofertar a posibilidade de que todas aquelas persoas relacionadas en mayor ou menor medida coa atención o peregrino (hosteleiros/as, dependientes,…) adquiran uns coñecementos básicos para afrontar nas mellores condicións o vindeiro ano Santo.
Dende o Concello Palense prevese habilitar unha oficina para que se poidan anotar todas as persoas que así o desexen durante o vindeiro mes de novembro. Os horarios dos cursos serán fora da xornada laboral e adaptados os profesionais da hostelería con un horario de traballo especial. Asimesmo, instalaránse Paneis informativos e un PINFO de información turística  dentro do Plan de señalización turística da Ulloa executado pola Deputación Provincial que poida axudar ós pelegríns a ubicarse e ofertarlles as singulariedades de todo o  Concello de Palas de Rei.
Noutro ámbito, segundo informa o Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Palas de Rei, Pablo J. Taboada,  o Concello recibiu  propostas  de particulares para a creación de tres Albergues de promoción privada, dous deles no Camiño Francés de Peregrinación a Santiago de Compostela e o outro no Camiño Primitivo o seu paso polo térmo municipal deste Concello.

logos