|
Monumentos
Igrexa de Vilar de DonasTen planta de cruz latina, con nave principal cuberta con armadura de madeira e cruceiro rectangular con bóveda de crucería, conta con tres ábsidas abovedadas. Frontispicio con bela portada de arco abucinado de medio punto, con catro arquivoltas sobre columnas con capiteles profusamente decorados e lehante friso, sobre o que descansan as estatuas de S. Miguel, S. Bartolomé e a Vires con Neno. No seu interior, ademais das pinturas góticas da ábsida central, compre olla-lo baldaquín, gótico tamén, que se atopa no brazo esquerdo do cruceiro. Destacan varios sepulcros dos cabaleiros da Orde de Santiago con armas de diversas familias, pertencendo unha das urnas sepulcrais ao cabaleiro Fernando Ares Noguerol. A urna sepulcral situase enriba de dous leóns que agochan un porco bravo na cabeceira. Destacan sobre todo, os frescos que cobren, como un retablo, os muros da ábsida central; pinturas góticas de finais so s.XIV-comenzos do s.XV. Na parte baixa está Cristo Varón de Dores entre os reis Xoán II e María de Aragón e o seu fillo Henrique; o nivel central está ocupado por unha Anunciación, con María e o arcanxo San Gabriel, flanqueando a ventá que ilumina o altar. A parte superior corresponde á bóveda da ábsida, cun simbolismo que alude á bóveda celeste, e onde se presenta a Cristo como Xuíz, nunha mandorla sostida por anxos. Estas pinturas góticas realizáronse para o Ano Santo Compostelán de 1434, en tempos de Xoán II, monarca protector dos peregrinos, para os que estableceu un salvoconducto que lles aseguraba a súa protección rexia no Camiño de Santiago. |