Nuestro Alcalde
Servizos
plus less Servizos ó Cidadán
Localización

ubicacion

 

line

Recursos Naturais

recurso

Serra do Careón

A Serra do Careón é un espazo natural protexido como Lugar de Importancia Comunitaria que abrangue 6.662 ha. Exténdese por tres provincias galegas, polos concellos de Agolada en Pontevedra, Friol e Palas de Rei en Lugo, Santiso, Melide e Toques na Coruña. Cunha altitude media de 550 metros e máxima de 800 forma parte da Dorsal Galega.

Aquí podemos atopar infinidade de plantas medicinais (mirtos, ruda, rusco, dente de agrón, …), pero tamén especies endémicas de especial protección, na Serra de O Careón, declarada zona de interese natural (“Rede Natura 2000”), e outras tan comúns como o toxo, a xesta, piorno, uz; e árbores como o castiñeiro, a sobreira, o pino, o bidueiro, freixo, sanguiño, espiño, carballo, cerdeira, maceira, pereira, etc.

Tamén a fauna é aquí especialmente rica en variedade: zorro, lobo, xabarín, corzo, lebre, coello, perdiz, lontra, xineta, donicela, moucho, falcón, azor, gavial, garza, parrulos silvestres, faisáns etc.

A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea creada en 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres , con obxecto de protexer os espazos naturais mais importantes da Europa. Componse de Zonas Especiais de Conservación (ZEC) declaradas polos Estados membros, e ademais, das Zonas Especiais de Protección para as Aves (ZEPA), relativa á conservación das aves silvestres.

Na cerna de Galicia, onde conflúen os Camiños de Santiago, sitúase a serra do Careón, de moderada altitude, cumes redondeados e características especiais no subsolo. O mesmo ca nos veciños montes do Bocelo, son abundantes as fontes e regatos de montaña ás veces acompañados de monumentos.

logos